Fagor 1LF-451IT Manual do proprietário

Tipo
Manual do proprietário
1LF-451IT
Lea este manual
Estimado cliente:
Lea atentamente este manual antes de utiliza-lo
lavalouzas, axudaralle a utilizar e mante-lo seu
electrodoméstico adecuadamente.
Conserve o presente manual para futuras consultas.
Entrégueo a calquera propietario posterior do aparato.
Este manual contén seccións acerca das instrucións de
seguridade, instrucións de manexo, instrucións de
instalación, localización e resolución de problemas, etc.
Antes de chamar ó Servizo Técnico
Repasa-la sección “Localización e resolución de
problemas” axudaralle a solventar problemas habituais
vostede mesmo/a.
Se non pode resolve-los problemas vostede só/soa,
solicite a axuda de técnicos profesionais.
NOTA:
O fabricante, seguindo unha política de desenvolvemento e
actualización continuos do produto, pode realizar
modificacións sen previo aviso.
1) Información de seguridade ........................................ 1
2) Eliminación de residuos............................................. 2
3) Instrucións de emprego ............................................. 3
Panel de control.......................................................... 3
Características do lavalouzas..................................... 3
4) Antes do primeiro uso ............................................. 4
A. Descalcificador....................................................... 4
B. Carga de sal no sistema descalcificador................ 5
C. Enchido do dosificador de abrillantador................. 5
D. Función do deterxente ........................................... 7
5) Carga do cestiño do lavalouzas ................................ 9
Atención antes ou despois de carga-los cestiños do
lavalouzas.................................................................. 9
Carga do cestiño superior .......................................... 9
Carga do cestiño inferior .......................................... 10
Portacubertos ........................................................... 11
6) Posta en marcha dun programa de lavado............. 13
Táboa de ciclos de lavado........................................ 13
Acendido do aparato ................................................ 14
Cambio de programa................................................ 14
Ó final do ciclo de lavado ......................................... 14
7) Mantemento e limpeza.............................................. 15
Sistema de filtrado.................................................... 15
Coidado do lavalouzas ............................................. 16
8) Instrucións de instalación........................................ 17
Lea atentamente as instrucións de instalación......... 18
Dimensións e instalación do panel estético.............. 18
Axuste da tensión do resorte da porta...................... 20
Conexión das mangueiras de desaugue.................. 20
Pasos para a instalación do lavalouzas ................... 21
Conexión eléctrica.................................................... 22
Conexión de auga .................................................... 23
9) Localización e resolución de problemas................ 24
Antes de solicita-la intervención do servizo
de asistencia técnica ................................................ 24
Códigos de erro........................................................ 25
Información técnica .................................................. 26
áreas utilizadas coma cociña para o persoal situadas
en tendas, oficinas e outros lugares de traballo;
granxas;
por clientes en hoteis, moteis e outros lugares
destinados á vivenda;
lugares na área da hostalería do tipo que ofrece
aloxamento e almorzo.
1. INFORMACIÓN DE SEGURIDADE IMPORTANTE
LEA TÓDALAS INSTRUCIÓNS ANTES DE UTILIZA-LO LAVALOUZAS
ADVERTENCIA! Cando utilice o seu lavalouzas, observe as medidas de precaución que se indican seguidamente:
INSTRUCIÓNS DE POSTA A TERRA
Este aparato debe poñerse a terra. No caso de avaría ou
fallo de funcionamento, a posta a terra reducirá o risco de
sufrir unha sacudida eléctrica ó proporcionar unha ruta
de menor resistencia da corrente eléctrica. Este aparato
está dotado dun cable cun conductor de posta a terra
para o equipo e un enchufe de posta a terra.
O enchufe debe conectarse a unha toma de corrente
adecuada que estea instalada e posta a terra de
conformidade con tódolos códigos e normativas locais.
ADVERTENCIA!
A conexión inadecuada do condutor de posta a terra do
equipo pode dar lugar a un risco de sacudida eléctrica.
Se ten dúbidas sobre se o aparato está posto a terra
debidamente, compróbeo consultando a un electricista
ou representante cualificado do servizo de asistencia
técnica. Non modifique o enchufe que se subministra co
aparato, se non encaixa na toma de corrente, faga que
un electricista cualificado instale unha toma apropiada.
ADVERTENCIA! USO CORRECTO
Non use indebidamente, sente nin se poña de pé sobre a
porta nin sobre os cestiños do lavalouzas.
Non toque a resistencia eléctrica durante nin
inmediatamente despois do uso. (Esta instrución é
aplicable soamente ós lavalouzas con resistencia visible).
Non faga funciona-lo seu lavalouzas a non ser que
tódolos paneis de peche estean instalados
correctamente. Abra a porta con moito coidado se o
lavalouzas está en marcha: existe o risco de que a auga
saia proxectada.
Non coloque ningún obxecto pesado sobre a porta aberta
nin se apoie sobre ela. O lavalouzas podería envorcar
cara a diante.
Cando cargue os artigos para lavar:
1) Sitúe os artigos afiados de maneira que non haxa
probabilidades de que danen a xunta da porta;
2) Advertencia: os coitelos e outros utensilios con punta
afiada débense cargar no cestiño coa punta cara a
abaixo ou colocar en posición horizontal.
Cando utilice o seu lavalouzas, evite que os artigos de
plástico entren en contacto coa resistencia (Esta
instrución é aplicable soamente ós lavalouzas con
resistencia visible).
Comprobe que o compartimento de deterxente estea
baleiro ó finaliza-lo ciclo de lavado.
Non lave artigos de plástico a non ser que leven a marca
de que son aptos para o lavalouzas ou equivalente. No
caso dos artigos de plástico que non estean marcados
desta forma, comprobe as recomendacións do fabricante.
Use exclusivamente deterxentes e abrillantadores
deseñados para lavalouzas automáticos.
Non utilice nunca no lavalouzas xabón ou deterxente
para a roupa nin deterxente para lavar a man. Manteña
estes produtos lonxe do alcance dos nenos.
Manteña ós nenos lonxe do deterxente e o abrillantador, así
como da porta aberta do lavalouzas: aínda poderían quedar
restos de deterxente no seu interior.
Este aparato non está previsto para o seu uso por persoas
(incluíndo nenos) con capacidades físicas, sensoriais ou
mentais reducidas, a non ser que actúen baixo a supervisión
dunha persoa responsable da súa seguridade ou esta os
instruíra acerca do emprego do aparato.
Vixíen ós nenos para asegurarse de que non xoguen co
aparato.
Os deterxentes para lavalouzas son altamente alcalinos e
poden ser extremadamente perigosos no caso de inxestión.
Evite o contacto coa pel e cos ollos e manteña ós nenos
lonxe do lavalouzas cando a porta estea aberta.
Non debe deixa-la porta aberta, pois podería causar un
tropezo.
Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído
polo fabricante, por un axente do servizo técnico ou por unha
persoa igualmente cualificada para evitar perigos.
Extraia a porta do compartimento de lavado cando vaia a
desfacerse do seu lavalouzas antigo ou a retiralo do servizo.
Desfágase dos materiais de embalaxe correctamente.
Utilice o lavalouzas exclusivamente para a súa función
prevista.
Durante a instalación, o cable de alimentación eléctrica non
debe quedar esmagado nin dobrado en exceso ou
perigosamente.
Non manipule indebidamente os mandos.
O aparato débese conectar á rede de auga empregando
xogos de mangueiras novas, non se deben reutiliza-las
mangueiras antigas.
Número máximo de servizos: nove.
Presión de entrada da auga máxima admisible: 1 Mpa.
Presión de entrada da auga máxima admisible: 0,04 Mpa.
LEA E SIGA ATENTAMENTE ESTA INFORMACIÓN DE SEGURIDADE
CONSERVE ESTAS INSTRUCIÓNS
y O seu aparato cumpre as directivas europeas, así coma as modificacións das mesmas.
------- 1 -------
2. Eliminación de residuos
Desfágase do material de embalaxe do lavalouzas de forma correcta.
Tódolos materiais de embalaxe se poden reciclar.
As pezas de plástico están marcadas coas abreviaturas estándar internacionais:
PE - polietileno, p.ex., film de material para envolver.
PS - poliestireno, p.ex., material de recheo.
POM - polioximetileno, p.ex., enganches de plástico
PP - polipropileno, p.ex., funil para o sal.
ABS - acrilonitrilo butadieno estireno, p.ex., panel de control.
ADVERTENCIA!
O material de embalaxe podería ser perigoso para os nenos.
Para desfacerse da embalaxe e do lavalouzas, diríxase a un centro de reciclaxe. Corte o cable de alimentación
eléctrica e inutilice o dispositivo de peche da porta.
A embalaxe de cartón está fabricado con papel reciclado e debería depositarse no contedor de recollida selectiva para
artigos de papel para a súa reciclaxe.
Asegurándose de que este produto se elimine de forma correcta, axudará a evita-los efectos negativos potenciais para
o medio ambiente e a saúde humana que poderían producirse pola manipulación inapropiada dos residuos deste
produto.
Para obter información máis detallada sobre a reciclaxe deste produto, póñase en contacto co seu concello e co servizo
local de recollida de residuos domésticos.
ELIMINACIÓN: Non se desfaga deste produto como se se tratara de residuos municipais non clasificados. É necesario
recoller por separado este tipo de residuos para sometelos a un tratamento especial.
PROTECCIÓN MEDIOAMBIENTAL
O material de embalaxe deste aparato é reciclable. Axude a reciclalo e protexa o medio ambiente depositándoo nos
contedores municipais facilitados ó efecto.
O seu aparato contén tamén unha gran cantidade de material reciclable. Está marcado con esta
etiqueta para indicar que nos países membros da Unión Europea os electrodomésticos usados non
deben mesturarse con outros tipos de residuos. Desta forma, a reciclaxe de electrodomésticos
organizada polo seu fabricante levarase a cabo nas mellores condicións posibles, de conformidade
coa Directiva Europea 2002/96/CE sobre residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. Póñase en
contacto co seu concello ou co seu vendedor para obter información sobre os puntos de recollida
de electrodomésticos usados máis próximos ó seu domicilio.
Grazas por colaborar na protección do medio ambiente.
------- 2 -------
3. Instrucións de emprego
IMPORTANTE! Para obte-lo mellor rendemento do seu lavalouzas, lea as instrucións de emprego na súa
totalidade antes de utilizalo por primeira vez.
Panel de control
1 Tecla/indicador de MARCHA/PARO: Conecta/desconecta a alimentación eléctrica.
2 Indicador de Control de Sal: Acéndese cando é preciso enche-lo sal rexenerador.
3 Indicador de Control do Abrillantador: Acéndese cando é preciso enche-lo dosificador do
abrillantador.
4 Indicadores do Retardo Horario - 3 / 6 / 9 / 12 horas: Acéndense ó pulsa-la tecla de posta en marcha
do Retardo Horario para selecciona-lo retardo de 3 / 6 / 9 / 12 horas para o lavado.
5 Tecla/indicador de posta en marcha do Retardo Horario: Pulse esta tecla para selecciona-las horas
de retardo para o lavado. Pode retrasa-la posta en marcha do lavado ata 3 / 6 / 9 / 12 horas.
6 Tecla “3 en 1”: Cando desexe utilizar deterxente “3 en 1”, seleccione a función “3 en 1”. Poderá,
entón, elixi-lo programa desexado.
7 Indicadores de Programa: Acéndense cando se selecciona o programa.
8 Tecla de Programa: Selecciona o programa de lavado ó pulsa-la tecla.
Características do lavalouzas
Vista frontal Vista traseira
1 - Cestiño superior 4 - Depósito de sal 7 - Soporte para cuncas 10 - Dosificador de abrillantador
2 - Brazos aspersores 5 - Filtro principal 8 - Portacubertos 11 - Conector do tubo de desaugue
3 - Cestiño inferior 6 - Dosificador de
deterxente
9 - Filtro para grosos 12 - Conector do tubo de admisión
------- 3 -------
4. Antes do primeiro uso
Antes de utiliza-lo seu lavalouzas por primeira vez:
A - Axuste o sistema descalcificador
C - Encha o dosificador de aditivo abrillantador.
D - Cargue o deterxente.
A. Descalcificador
O sistema descalcificador débese regular manualmente utilizando o selector de dureza da auga.
O descalcificador está deseñado para elimina-los minerais e os sales da auga, que poderían ter un efecto adverso ou
prexudicial sobre o funcionamento do aparato. Canto maior sexa o contido destes minerais e sales, máis dura é a auga. O
descalcificador debe axustarse segundo a dureza da auga na súa zona. As autoridades locais do servizo de
abastecemento de auga poderán informarlle acerca da dureza da auga na súa localidade.
Axuste do consumo de sal
O lavalouzas está deseñado para permitir axusta-la cantidade de sal consumido en función da dureza da auga utilizada.
Isto é así para optimizar e personaliza-lo nivel de consumo de sal.
Siga os pasos seguintes para axusta-lo consumo de sal.
1. Desenrosque a tapa do depósito de sal.
2. Encontrará no depósito un anel cunha frecha (vexa a figura). No
caso de que fose necesario, xire o anel no sentido contrario ás
agullas do reloxo desde o axuste "-" cara ó axuste "+”, baseándose
na dureza da auga utilizada.
Recoméndase realiza-los axustes de conformidade co esquema
seguinte:
DUREZA DA AUGA
ºdH
ºfH
ºClarke
mmol/l
Posición do selector
Consumo de sal
(gramos/ciclo)
Autonomía
(ciclos/1 kg)
0~8 0~14 0~10 0~1,4 / 0 /
8~22 14~39 10~28 1,4~3,9 - 20 50
22~45 39~80 28~56 3,9~8 Media 40 25
45~60 80~107 56~75 8~11 + 60 16
Nota: 1
°
dH=1,25 °Clarke=1,78 °fH=0,178mmol/l
°DH: Grao alemán °fH:
Grao francés
°Clark: Grao británico
Nota: 2
"/"
Non é necesario engadir sal
"-"
Axuste cara ó símbolo "-"
"+"
Axuste cara ó símbolo "+"
"Medio"
Axuste entre o símbolo "-" e o símbolo "+"
Póñase en contacto coas autoridades locais de abastecemento de auga para coñecer cal é a dureza da auga na
súa localidade.
NOTA: Se o seu modelo non ten sistema descalcificador, pódese saltar esta sección.
DESCALCIFICADOR
A dureza da auga varía dun lugar a outro. Se se utiliza auga dura no lavalouzas, formaranse depósitos na louza e
utensilios.
O aparato está equipado cun sistema descalcificador especial que utiliza un depósito de sal deseñado
especificamente para elimina-lo cal e os minerais da auga.
------- 4 -------
B - Engada 1,5 kg de sal para lavalouzas e, a continuación, encha de auga por completo o depósito do sal.
B. Carga de sal no sistema descalcificador
Utilice sempre sal para lavalouzas.
O depósito de sal está situado debaixo do cestiño inferior e débese encher como se explica a continuación.
Atención!
Utilice exclusivamente sal deseñado especificamente para o seu uso en lavalouzas. Calquera outro tipo de sal non
deseñado especificamente para lavalouzas, especialmente o sal de mesa, danará o sistema descalcificador. No caso de
que se produzan danos como resultado do uso dun sal inadecuado, o fabricante non ofrece ningunha garantía nin será
responsable dos danos causados.
Encha o depósito de sal xusto antes de poñer en marcha un programa de lavado completo. Isto impedirá que a auga
salgada ou os grans de sal derramados permanezan no fondo da máquina durante un período de tempo, o cal pode
causar corrosión.
A - Extraia o cestiño inferior e, a continuación, desenrosque e retire a tapa do depósito de sal. (1)
D - Despois de enche-lo depósito, volva a enrosca-la tapa firmemente en sentido horario.
E - Normalmente, o piloto de Control de Sal apagarase ó cabo de 2-6 días despois de enche-lo depósito de sal.
F - Inmediatamente despois de enche-lo depósito de sal, débese poñer en marcha un programa de lavado (suxerímo-lo
programa de remollo ou rápido). Do contrario, o sistema de filtro, a bomba ou outras pezas importantes da máquina
poderían resultar danadas pola salmoira. Isto non entra na garantía.
NOTA:
1. O depósito de sal débese encher soamente cando se acenda o piloto indicador de sal no panel de control.
Dependendo de como se disolva a sal, o piloto do sal pode permanecer acendido aínda que o depósito de
sal estea cheo.
Se o panel de control non dispón de piloto indicador de control de sal (nalgúns modelos), pode calcular
cando enche-lo sal no descalcificador segundo os ciclos de funcionamento do lavalouzas.
2. Se se verteu o sal, débese poñer en marcha un programa de remollo ou un programa rápido para elimina-lo
exceso de sal.
C. Enchido do dosificador de abrillantador
Dosificador de aditivo abrillantador
O abrillantador libérase durante o aclarado final para evitar que a auga forme sobre a súa louza gotas de auga que poidan
deixar marcas e raias. Tamén mellora o secado, permitindo que a auga esvare dos artigos. O seu lavalouzas está
deseñado para utilizar aditivos abrillantadores líquidos. O dosificador de abrillantador está situado no interior da porta,
xunto ó dosificador de deterxente. Para enche-lo dosificador, abra a tapa e verta o abrillantador no dosificador ata que o
indicador de nivel se volva totalmente negro. O volume do depósito de abrillantador é aproximadamente de 110 ml.
Función do abrillantador
O abrillantador incorpórase de forma automática durante o último aclarado, garantindo un aclarado completo e un secado
libre de raias e marcas de auga.
Atención!
Utilice exclusivamente abrillantadores de marca para o lavalouzas. Non encha nunca o dosificador de abrillantador con
ningunha outra sustancia (p.ex., limpadores para lavalouzas, deterxente líquido). Isto danaría o electrodoméstico.
------- 5 -------
Abrir
B - Coloque o extremo do funil (que se subministra) no interior do burato e introduza, aproximadamente,
1,5 kg de sal para lavalouzas.
C - Encha de auga por completo o depósito para o sal. É normal que se saia do depósito para o sal unha
pequena cantidade de auga. (2)
Cando enche-lo dosificador de abrillantador
Se o panel de control non inclúe un piloto de control do abrillantador, pode determina-la cantidade de abrillantador existente
pola cor do indicador óptico de nivel "C" situado xunto á tapa. Cando o depósito de abrillantador está cheo, o indicador
aparece escuro na súa totalidade. A medida que o abrillantador se vaia consumindo, o tamaño do punto negro diminuirá. Non
deixe nunca que o nivel de abrillantador sexa inferior a 1/4 da súa capacidade total.
DOSIFICADOR DE ABRILLANTADOR
Teña coidado de que o dosificador non reverta líquido abrillantador, xa que isto podería dar lugar a que se forme un exceso
de escuma. Limpe cun pano húmido o líquido abrillantador derramado. Non esqueza volver a coloca-la tapa antes de
pecha-la porta do lavalouzas.
Atención!
Limpe cun pano absorbente o abrillantador derramado durante o enchido para evita-la formación dun exceso de escuma no
seguinte lavado.
Axuste do dosificador de abrillantador
Punteiro
de axuste
(Aclarado)
O dosificador de abrillantador ten seis posicións. Comece sempre co dosificador
axustado na posición "4".
Se as manchas e un secado deficiente constitúen un problema, aumente a
cantidade de abrillantador dosificado sacando a tapa do dosificador e xirando o
selector a "5". Se a louza aínda non seca adecuadamente ou presenta sinais,
axuste o selector á posición máis alta seguinte ata que os seus pratos estean
libres de marcas. A posición recomendada é "4". (Valor de fábrica: "4".)
NOTA:
Aumente a dose se, despois do lavado, quedan gotas de auga ou manchas de cal
na louza. Redúzaa se a louza presenta manchas esbrancuxadas e pegañentas ou
se queda unha película azulada sobre a cristalería ou nos fíos dos coitelos.
------- 6 -------
C (Indicador do abrillantador)
Ó diminuí-la cantidade de abrillantador existente no depósito,
o tamaño do punto negro visible no indicador de nivel do
abrillantador vai cambiando segundo se indica a continuación.
Cheo
3/4 do depósito
1/2 do depósito
1/4 do depósito - Debería recarga-lo depósito para elimina-las manchas
Baleiro
11 22 33
1 - Para abri-lo dosificador, xire a tapa cara á frecha que indica "aberta" (esquerda) e extráiaa.
2 - Verta o abrillantador no dosificador, con coidado de que non saia por fóra.
3 - Volva a coloca-la tapa inseríndoa de forma que estea aliñada coa frecha que indica "aberta" e xirándoa
cara á frecha que indica "pechada" (dereita).
D. Función do deterxente
Os deterxentes cos seus ingredientes químicos son necesarios para eliminar, triturar e transporta-la sucidade fora do
lavalouzas. A maioría dos deterxentes de calidade comercial son aptos para este fin.
Deterxente concentrado
Segundo a súa composición química, os deterxentes poden clasificarse basicamente en dúas clases:
deterxentes convencionais alcalinos con compoñentes cáusticos
deterxentes concentrados de baixa alcalinidade con encimas naturais.
Pastillas de deterxente
As pastillas de deterxente das distintas marcas disólvense a distintas velocidades. Por iso, algunhas pastillas de deterxente
non poden disolverse e desenvolver toda a súa forza limpadora nos programas curtos. Utilice, en consecuencia, programas
longos cando use deterxente en pastillas, para garanti-la eliminación completa dos residuos de deterxente.
Dosificador de deterxente
O dosificador de deterxente débese volver a cargar antes do inicio de cada ciclo de lavado, seguindo as instrucións que se
proporcionan na táboa de ciclos de lavado. O seu lavalouzas usa menos deterxente e abrillantador que os lavalouzas
convencionais. Polo xeral, necesítase soamente unha cullerada sopeira de deterxente para unha carga de lavado normal.
Os artigos máis sucios necesitan máis deterxente. Engada sempre o deterxente xusto antes de poñer en marcha o
lavalouzas, do contrario, podería humedecerse e non disolverse ben.
Cantidade de deterxente que se debe utilizar
NOTA:
Se a tapa está pechada: presione o botón de apertura. A tapa abrirase grazas ó mecanismo de resorte.
Incorpore o deterxente sempre xusto antes do inicio de cada ciclo de lavado.
Utilice só abrillantador de marca para o lavalouzas.
ADVERTENCIA! O deterxente para lavalouzas é corrosivo. Teña coidado e mantéñao lonxe do alcance dos
nenos.
Uso adecuado do deterxente
Utilice exclusivamente deterxente fabricado especificamente para lavalouzas. Garde o deterxente nun lugar fresco e
frío.
Non introduza o deterxente en po no dosificador ata que estea listo para lava-la louza.
------- 7 -------
11 22
Pulse o botón para abrir.
Deterxente en po.
Deterxente en pastillas
Enchido do deterxente
Encha o dosificador de deterxente co deterxente. As marcas
indican os niveis de dosificación, segundo se ilustra á dereita:
A - Compartimento para o deterxente do ciclo de lavado
principal, a marca “MIN” significa aproximadamente 20 g de
deterxente.
B - Compartimento para o deterxente do ciclo de prelavado,
aproximadamente 5 g de deterxente.
Siga as recomendacións de dosificación e almacenamento do
fabricante que se indican no envase do deterxente.
Peche e presione a tapa, asegurándose de que quede ben
pechada.
Se a louza está moi sucia, introduza unha dose de deterxente
adicional no compartimento do deterxente para o prelavado. Este
deterxente actuará durante a fase de prelavado.
NOTA:
Encontrará información sobre a cantidade de deterxente para cada programa na última páxina. Teña en conta que esta
cantidade pode variar en función do nivel de sucidade da louza e a dureza específica da auga.
Siga as recomendacións do fabricante que encontrará no envase do deterxente.
Deterxentes
Hai 3 tipos de deterxente:
1. Con fosfatos e con cloro.
2. Con fosfatos e sen cloro.
3. Sen fosfatos e sen cloro.
Normalmente, o deterxente en po novo non contén fosfato, polo que non aporta a función descalcificadora
desta substancia. Neste caso, recomendamos encher de sal rexenerador o depósito de sal, incluso aínda que
a dureza da auga sexa soamente de 6 ºdH. Se se utilizan deterxentes sen fosfatos con auga dura, a miúdo,
aparecen manchas brancas na louza e cristalería. Engada, entón, máis deterxente para obter mellores
resultados. Os deterxentes sen cloro teñen un efecto branqueante limitado. As manchas fortes e de cor non
se eliminarán por completo. Seleccione, neste caso, un programa de maior temperatura.
Uso de deterxentes compactos/combinados “2 en 1”, “3 en 1”, “4 en 1” e “5 en 1”
Estes produtos son deterxentes con funcións combinadas integradas de deterxente/abrillantador e sal. Antes de utilizar
estes produtos, comprobe que a dureza da auga da rede de abastecemento é compatible co seu uso segundo o
fabricante do deterxente (no envase do produto). Estes produtos débense empregar estritamente segundo as instrucións
do seu fabricante. En xeral, os deterxentes que inclúen abrillantador ou descalcificador só teñen bos resultados en
determinadas condicións: o abrillantador e o descalcificador non poden adaptarse a condicións específicas. Por iso, en
algúns casos é posible que se obteñan resultados de lavado ou secado non desexados. Consulte ó fabricante do
deterxente para que lle informe sobre as mellores condicións de consumo. Se ten problemas cando use estes produtos
por primeira vez, póñase en contacto coa liña de axuda do fabricante do deterxente. O fabricante do seu lavalouzas non
se fará responsable dos danos causados polos deterxentes compactos nin ofrece garantía se utiliza deterxentes
compactos.
Cando use deterxentes compactos/combinados “2 en 1”, “3 en 1”, “4 en 1” ou “5 en 1” , asegúrese de que o tamaño do
deterxente combinado é apto para o dosificador, de maneira que poida introducirse facilmente no mesmo e o dosificador
non resulte danado.
Atención
Garde tódolos deterxentes nun lugar seguro, lonxe do alcance dos nenos.
Incorpore o deterxente ó dosificador sempre momentos antes de poñer en marcha o lavalouzas.
------- 8 -------
AA
BB
5. Carga do cestiño do lavalouzas
Para o mellor rendemento do lavalouzas, siga estas indicacións de carga. As características e o aspecto dos
cestiños e portacubertos poden variar respecto ó seu modelo.
Atención, antes ou despois de carga-los cestiños do lavalouzas
Retire os restos grandes de comida. Abrande os residuos de comida queimada das cazolas. Non é necesario aclara-
los pratos baixo a auga corrente.
Coloque os obxectos no lavalouzas como segue:
1. Os artigos como cuncas, vasos, cazolas, cazos, etc., colócanse boca abaixo.
2. Os artigos curvos ou con fendas débense cargar inclinados para que poida escorre-la auga.
3. Tódolos utensilios débense amorear con seguridade de maneira que non poidan envorcar.
4. Tódolos utensilios débense colocar de forma que os brazos aspersores poidan xirar libremente durante o lavado.
Os artigos moi pequenos non se deberían lavar no lavalouzas, xa que poden caer facilmente dos cestiños.
Descarga dos cestiños
Para evitar que a auga gotee do cestiño superior ó inferior, recomendamos descargar primeiro o cestiño inferior e
despois o superior.
Carga do cestiño superior
O cestiño superior está deseñado para conte-los artigos máis lixeiros e delicados como vasos, cuncas e pratos de té
e café, así como pratos, cuncas pequenas e recipientes pouco profundos (sempre e cando non estean demasiado
sucios).
Coloque os pratos e demais artigos de cociña de forma que non se movan coa auga pulverizada.
Axuste do cestiño superior
A altura do cestiño superior pódese axustar para crear máis espazo para os utensilios grandes tanto no cestiño
superior como inferior. A altura do cestiño superior regúlase colocando as rodas a distinta altura nos raís. Os artigos
longos, os cubertos de servir, os cubertos para servi-la ensalada e os coitelos débense colocar sobre o soporte para
que non entorpezan o xiro dos brazos aspersores. O soporte pódese dobrar cara a atrás ou extraer cando non sexa
necesario.
------- 9 -------
1
1
1
1
1
2
3
4
4
4
5
6
7
Dentro
1 . Cuncas
2. Cuncas pequenas de servir
3. Cuncas grandes de servir
4. Vasos
5. Salseiras
6. Prato
7. Pratos de sobremesa
Rodas superiores
Rodas inferiores
Estante
Dentro
Estante
Carga do cestiño inferior
Recomendamos coloca-los artigos grandes e difíciles de limpar no cestiño inferior: cazolas, cazos, tapas, fontes
de servir e cuncas, como se amosa na figura seguinte.
É preferible coloca-las fontes de servir e as tapas nos laterais dos soportes para non bloquea-lo xiro do brazo
aspersor superior.
As cazolas, cuncas de servir, etc., débense colocar sempre boca abaixo.
As cazolas profundas débense inclinar para que escorra a auga.
O cestiño inferior conta con soportes pregables para poder cargar máis cazolas e recipientes.
Nota:
Ó regula-la altura do cestiño superior, o tamaño máximo dos pratos no inferior varía:
Cando o cestiño superior está ARRIBA, o tamaño máximo é de 290 mm;
Cando o cestiño superior está ABAIXO, o tamaño máximo é 250 mm.
------- 10 -------
5
8
10
10
7
7
9
9
Dentro
7. Pratos de sobremesa
8. Fonte ovalada
9 . Pratos planos
10. Pratos fondos
11. Cestiño para cubertos
Portacubertos
Os cubertos débense colocar no portacubertos cos mangos cara a abaixo. Se o soporte ten compartimentos laterais, as
culleres débense cargar por separado nas fendas apropiadas. Os utensilios especialmente longos débense colocar en
posición horizontal na parte frontal do cestiño superior, como se amosa na figura.
ADVERTENCIA!
Non deixe que ningún artigo sobresaia por debaixo.
Cargue sempre os utensilios afiliados coa punta cara a abaixo.
Con respecto ó lavado no lavalouzas, os artigos de louza/cubertos seguintes:
non son adecuados son adecuados con limitacións
Cubertos con mango de madeira, corno, porcelana ou
madreperla
Artigos de plástico non resistentes ó calor
Cubertos con pezas encoladas non resistentes á
temperatura
Louza ou cubertos con pezas adheridas
Artigos de cobre ou peltre
Vidro
Artigos de aceiro susceptibles de oxidarse
Pratos de madeira
Artigos fabricados con fibras sintéticas
Certos tipos de cristal pódense volver mates tras un
gran número de lavados
As pezas de prata e aluminio teñen tendencia a
perde-la cor durante o lavado
Os motivos esmaltados pódense borrar se se lavan a
miúdo no lavalouzas
NOTA:
Non introduza no lavalouzas artigos sucios de cinza de cigarro, cera de velas, esmalte ou pintura.
Se compra unha louza nova, asegúrese de que sexa apta para o lavalouzas.
NOTA:
Non sobrecargue o seu lavalouzas. Non utilice pratos non aptos para o lavalouzas. Isto é importante para obter bos
resultados e para un consumo razoable de enerxía eléctrica.
Carga de cubertos e pratos:
Antes de carga-los pratos:
Retire as sobras grandes.
Abrande os restos de comida queimada das cazolas.
Cando cargue os pratos e cubertos, tome nota:
Os artigos de louza, os cubertos e os recipientes non deben impedi-lo xiro dos brazos aspersores.
Cargue os artigos ocos como cuncas, vasos, cazolas, etc., coa abertura cara a abaixo para que non se poida acumular
auga no fondo.
------- 11 -------
111
11
1
11
361
7
4
8
72
2
33
33
33
33
2
44
44
44
44
22
22
22
5
5
55
5
5
5
5
5
Dentro
1. Garfo
2. Culler sopeira
3. Culler de sobremesa
4. Culler de café
5. Coitelo
6. Garfo de servir
7. Culler de servir
8. Cullerón salseiro
Os pratos e cubertos non deben quedar encaixados un dentro de outro nin cubrirse entre eles mesmos.
Para evitar que os vasos se danen, no deben entrar en contacto.
Cargue os artigos máis grandes e difíciles de limpar no cestiño inferior:
O cestiño superior está deseñado para os artigos máis lixeiros e delicados, como vasos e cuncas de té ou
café.
Atención!
Os coitelos de folla longa colocados en posición vertical son un perigo potencial!
Os cubertos longos e/ou afiados coma os coitelos de trinchar débense colocar horizontalmente no cestiño
superior.
Danos na cristalería e outros artigos
Causas posibles:
Tipo de cristal ou proceso de fabricación.
Composición química do deterxente.
Temperatura da auga e duración do programa do lavalouzas.
Solución suxerida:
Utilice cristalería ou pratos de porcelana coa marca do fabricante de que son aptos para o lavalouzas.
Use un deterxente suave cuxa descrición indique que é delicado coa louza. No caso de que sexa necesario,
solicite información adicional ó fabricante do deterxente.
Seleccione un programa a baixa temperatura.
Para evitar danos, saque os cubertos e cristalería do lavalouzas tan pronto como sexa posible unha vez
rematado o programa.
------- 12 -------
6. Posta en marcha dun programa de lavado
TÁBOA DE CICLOS DE LAVADO
Programa Información para a
selección do ciclo
Descrición do ciclo
Deterxente
prelavado/
lavado
principal
Tempo
(min)
Consumo
eléctrico
(Kw/h)
Auga (l)
Intensivo
4/23g
120
1,13
16
Abrillantador
Õ
Normal
4/23g
155
13
Õ
Eco
4/23g 160 0,
Õ
1 hora
4/23g 60 0,7 10
Õ
------- 13 -------
-
-
Aclarado
0,01
3
8
Para louza moi
sucia e olas, cazos,
pratos, etc., sucios
con restos secos
Prelavado (50ºC)
Lavado (65ºC)
Aclarado
Aclarado
Aclarado (55ºC)
Secado
Para cargas cunha
sucidade normal,
coma olas, fontes,
vasos e cazos
lixeiramente sucios
Prelavado (50ºC)
Lavado (55ºC)
Aclarado
Aclarado (65ºC)
Secado
Ciclo diario
estándar para
cargas cunha
sucidade normal,
coma olas, fontes
ou vasos
Prelavado
Lavado (50ºC)
Aclarado (60ºC)
Secado
Para cargas
lixeiramente sucias
que non necesitan
unha eficiencia de
secado excelente
Lavado (60ºC)
Aclarado
Aclarado (50ºC)
Secado
Para aclarar pratos
que teña previsto
lavar más adiante
ese mesmo día
Prelavado
O consumo eléctrico apagado é de 0 W
deixándoo acendido é de , W
1,09
77 10,5
7
0 4
Acendido do aparato
Posta en marcha dun ciclo de lavado
1 Saque os cestiños superior e inferior. Recoméndase cargar primeiro o cestiño inferior (vexa a sección
titulada: “Carga do lavalouzas”).
2 Engada o deterxente (vexa a sección titulada “Sal, deterxente e abrillantador”).
3 Insira o enchufe na toma de corrente. A alimentación eléctrica é de 220~240 V c.a. /50 Hz, a
especificación da toma de corrente é 10 A, 250 V c.a. Asegúrese de que a alimentación de auga estea
conectada á presión completa.
4 Pulse a tecla Marcha/Paro e iluminarase o indicador de Marcha/Paro. Pulse a tecla de Programa para
selecciona-lo ciclo de lavado desexado. Peche a porta. Transcorridos 10 segundos, o lavalouzas
poñerase en marcha.
Cambio de programa
1. Un ciclo de lavado xa en marcha pódese modificar soamente se leva funcionando un curto período
de tempo. Do contrario, é posible que se liberara xa o deterxente e o lavalouzas pode que drenara
xa a auga de lavado. Se é así, é necesario volver a carga-lo dosificador de deterxente (vexa a
sección titulada: "Carga do deterxente").
2. Abra a porta, pulse a tecla de Programa e mantéñaa presionada durante máis de 3 segundos, a
continuación, pulse a tecla de Programa para selecciona-lo ciclo de lavado desexado (vexa a
sección titulada: "Posta en marcha dun ciclo de lavado").
NOTA:
Se abre a porta do lavalouzas durante o lavado, a máquina deterase. Cando peche a porta, a máquina
reanudará o funcionamento unha vez transcorridos 10 segundos.
Os indicadores de programa amosan o estado do lavalouzas:
a) Tódolos indicadores de programa apagados, > Espera
b) Un indicador de programa acendido, > Pausa
c) Un indicador de programa escintilando, > En funcionamento
NOTA:
Se se iluminan tódolos pilotos, a máquina está avariada. Desconecte a alimentación eléctrica e de auga antes de
chamar ó servizo técnico.
Esqueceu engadir un
prato?
É posible engadir un prato esquecido en calquera momento antes de que se abra o depósito do deterxente.
1 Abra lixeiramente a porta para dete-lo lavado.
2 Poderá abri-la porta por completo cando o brazo
aspersor deixe de xirar.
ADVERTENCIA!
3 Cargue os pratos esquecidos.
4 Peche a porta, o lavalouzas reanudará o
funcionamento ó cabo de 10 segundos.
É perigoso abri-la porta durante o lavado, xa que a auga quente pode producir escaldaduras.
Ó final do ciclo de lavado
Cando o ciclo de lavado conclúa, soará o avisador acústico do lavalouzas durante 8 segundos e, a
continuación, pararase. Apague o aparato utilizando a tecla Marcha/Paro, peche a alimentación de
auga e abra a porta do lavalouzas. Espere uns minutos antes de descarga-lo seu contido para evitar
manipula-los utensilios mentres están aínda quentes e son máis susceptibles de romper. Tamén
secarán mellor.
------- 14 -------
Apagado do lavalouzas
O avisador acústico do lavalouzas soará durante 8 segundos: só neste caso finaliza o programa.
1. Apague o lavalouzas pulsando a tecla Marcha/Paro.
2. Peche a billa da auga.
Abra a porta con coidado
Os pratos quentes son sensibles ós golpes. Debería deixar que arrefríen durante uns 15 minutos antes de sacalos do
aparato.
Abra a porta do lavalouzas, déixea entornada e espere uns minutos antes de descarga-los pratos. Así estarán máis
fríos e mellorará o secado.
Descarga do lavalouzas
É normal que o interior do lavalouzas estea mollado.
Baleire primeiro o cestiño inferior e, a continuación, o superior. Isto evitará que gotee auga do cestiño superior ós
pratos colocados no inferior.
7. Mantemento e limpeza
Sistema de filtrado
O filtro impide que os restos máis grandes de alimentos ou outros obxectos penetren no interior da bomba. Os
residuos poden bloquea-lo filtro: neste caso, deben ser retirados.
- Inspeccione os filtros para comprobar que non estean obstruídos cada vez que se use o lavalouzas.
- Poderá extrae-lo sistema de filtrado desenroscando o filtro de grosos. Retire calquera resto de alimentos e limpe os
filtros baixo a auga corrente.
Paso 1: Xire o filtro no sentido contrario ás agullas do
reloxo e a continuación tire de el cara a arriba.
Paso 2: Saque cara a arriba o filtro principal.
Paso 3: Saque cara a arriba o filtro de finos.
------- 15 -------
O sistema de filtro consta dun filtro de grosos, un filtro plano (filtro principal) e un
microfiltro (filtro de finos).
Filtro principal 1
As partículas de alimentos e sucidade atrapadas neste filtro son pulverizadas
pola auga que proxecta un orificio especial situado no brazo aspersor inferior e
eliminadas polo desaugue.
Filtro de grosos 2
Os obxectos de maior tamaño, como p.ex. anacos de óso ou cristal, que
poderían obstruí-lo desaugue, quedan atrapados no filtro de grosos. Para
eliminar un obxecto atrapado neste filtro, presione lixeiramente as lingüetas
situadas na parte superior do filtro e sáqueo cara a arriba.
Filtro de finos 3
Este filtro atrapa a sucidade e restos de alimentos no sumidoiro e impide que se
volvan a depositar nos pratos durante un ciclo de lavado.
NOTA
Cando siga este procedemento do paso 1 ó paso 3, extraerá o sistema de filtrado, poderá volver a
instalar este sistema seguindo o mesmo procedemento en orden inverso, do paso 3 ó 1.
Conxunto do filtro
Para obter un mellor rendemento e resultados, o conxunto do filtro débese limpar. O filtro elimina
con eficacia as partículas de alimentos da auga de lavado, permitindo que se recicle durante o
ciclo. O filtro débese limpar periodicamente para ter mellores resultados. Por este motivo, é boa
idea elimina-las partículas máis grandes de alimentos atrapadas no filtro despois de cada ciclo de
lavado, aclarando o filtro semicircular e a copa baixo a auga da billa. Para extrae-lo dispositivo
filtrante, tire cara a arriba da asa da copa. O conxunto do filtro completo débese limpar unha vez
por semana.
Para limpa-lo filtro de grosos e o filtro de finos, utilice un cepillo de limpeza. A continuación, volva a
monta-las pezas do filtro como se amosa nas figuras e instale novamente o conxunto completo no
lavalouzas, situándoo no seu aloxamento e presionando cara a abaixo.
Nunca se debe utiliza-lo lavalouzas sen os filtros. A montaxe incorrecta do filtro pode reduci-lo nivel
de rendemento do aparato e dana-los pratos e utensilios.
ADVERTENCIA!
O lavalouzas non se debe usar nunca sen os filtros.
A montaxe incorrecta do filtro pode reduci-lo nivel de rendemento do aparato e dana-los pratos e
utensilios.
Limpeza dos brazos aspersores
É necesario limpa-los brazos aspersores periodicamente, pois os produtos químicos que contén a auga dura
obstruirán os orificios de saída do brazo aspersor e os rodamentos.
Extraia o brazo aspersor superior
Para extrae-lo brazo aspersor superior, desenrosque a porca no sentido
horario e a continuación saque o brazo.
Extraia o brazo aspersor inferior
Para extrae-lo brazo aspersor inferior, tire do brazo aspersor cara a arriba.
Lave os brazos
Lave os brazos aspersores en auga con xabón temperada e use un cepillo
brando para limpa-los orificios de saída da auga. Volva a montalos despois
de aclaralos a fondo.
Coidado do lavalouzas
O panel de control pódese limpar utilizando un pano lixeiramente húmido. Trala limpeza, asegúrese de secalo
a fondo.
Para o exterior, utilice unha boa cera abrillantadora para electrodomésticos.
Non utilice obxectos punzantes, estropallos nin limpadores abrasivos con ningunha peza do lavalouzas.
Protección contra a conxelación
Tome medidas para protexe-lo lavalouzas contra a conxelación en inverno. Despois de cada ciclo de lavado,
faga o seguinte:
1. Corte o subministro de enerxía eléctrica ó lavalouzas.
2. Peche a alimentación de auga e desconecte o tubo de admisión de auga da válvula de auga.
3. Drene a auga existente no interior do tubo de admisión e a válvula de auga (utilice un recipiente para
recolle-la auga).
4. Volva a conecta-lo tubo de admisión de auga á válvula de auga.
5. Desmonte o filtro situado na parte de abaixo da cuba e use unha esponxa para empapa-la auga existente
no sumidoiro.
------- 16-------
DESAPARAFUSAR
Superior
Inferior
EXTRAER
Limpeza da porta
Para limpa-lo borde de arredor da porta, use soamente un pano suave húmido e
temperado.
Para evitar que penetre auga no dispositivo de peche da porta e nos
compoñentes eléctricos, non use ningún tipo de limpador en aerosol.
ADVERTENCIA!
Non use limpadores en aerosol para limpa-lo panel da porta, xa que poden dana-lo dispositivo de
peche da porta e os compoñentes eléctricos.
Non se deben utilizar axentes abrasivos nin certos panos de cociña de papel debido ó risco de
rabuñar ou deixar marcas sobre a superficie de aceiro inoxidable.
Como mante-lo seu lavalouzas en bo estado
Despois de cada lavado
Despois de cada lavado, desconecte a alimentación
de auga ó aparato e deixe a porta lixeiramente
entornada para que a humidade e os olores non
queden atrapados no interior.
Extraia o enchufe
Antes da limpeza ou de realizar tarefas de
mantemento, extraia sempre o enchufe da toma de
corrente. Non corra riscos.
Non use disolventes nin produtos de
limpeza abrasivos
Para limpa-lo exterior e as pezas de goma do
lavalouzas, non utilice disolventes nin produtos de
limpeza abrasivos. Utilice, no seu lugar, soamente, un
pano e auga con xabón temperada. Para eliminar
marcas ou manchas da superficie do interior, use un
pano humedecido en auga e un pouco de vinagre, ou
un produto de limpeza específico para lavalouzas.
Cando non se vaia a utilizar durante un
período prolongado de tempo
Cando se vaia a ir de vacacións, recoméndase que
realice un ciclo de lavado co lavalouzas baleiro e a
continuación saque o enchufe da toma de corrente,
desconecte a alimentación de auga e deixe a porta do
aparato lixeiramente entornada. Isto axudará a que as
xuntas duren máis e evitará que se formen olores no
aparato.
Traslado do aparato
Se se debe traslada-lo aparato, trate de mantelo en
posición vertical. No caso de que sexa absolutamente
necesario pódese posicionar sobre a súa parte traseira.
Xuntas
Un dos factores que causa a formación de olores no
lavalouzas son os restos de alimentos que quedan
atrapados nas xuntas. A limpeza periódica cunha
esponxa húmida evitará que isto ocorra.
8. Instrucións de instalación
Advertencia
Atención:
A instalación dos tubos e o
equipo eléctrico debe ser
realizada por profesionais
Perigo de sacudida eléctrica
Desconecte a corrente antes de instala-lo lavalouzas.
Non facelo pode ocasiona-la morte ou unha sacudida
eléctrica.
Preparación para a instalación
O lugar de instalación do lavalouzas debe estar preto ás mangueiras de admisión e desaugue existentes e ó
cable de alimentación.
Deberíase elixir un dos laterais do armario do vertedoiro para facilita-la conexión dos tubos de desaugue do
lavalouzas.
Nota: Comprobe os accesorios de instalación que se acompañan (gancho para o panel estético,
parafuso).
------- 17 -------
(Figura1)
Dimensións do armario
Menos de 5 mm entre a
parte superior do
lavalouzas e o armario e
a porta exterior aliñada
co armario.
(Figura 2)
Espazo mínimo coa porta
aberta
Dimensións e instalación do panel estético
1
A instalación do panel estético de madeira poderíase realizar segundo a Figura 3.
(Figura 3)
O panel estético débese instalar de
conformidade coas dimensións que se
indican
(Unidade: mm)
------- 18 -------
Entradas das
liñas de
alimentación
eléctrica, de
dasaugue e
de auga
Espazo entre a
parte inferior do
armario e o chan
Es
azo mínimo de 50 mm
Lavalouzas
Porta do
lavalouzas
Armari
o
  • Page 1 1
  • Page 2 2
  • Page 3 3
  • Page 4 4
  • Page 5 5
  • Page 6 6
  • Page 7 7
  • Page 8 8
  • Page 9 9
  • Page 10 10
  • Page 11 11
  • Page 12 12
  • Page 13 13
  • Page 14 14
  • Page 15 15
  • Page 16 16
  • Page 17 17
  • Page 18 18
  • Page 19 19
  • Page 20 20
  • Page 21 21
  • Page 22 22
  • Page 23 23
  • Page 24 24
  • Page 25 25
  • Page 26 26
  • Page 27 27
  • Page 28 28
  • Page 29 29
  • Page 30 30

Fagor 1LF-451IT Manual do proprietário

Tipo
Manual do proprietário