De Dietrich DVF1280WU Manual do proprietário

Tipo
Manual do proprietário
16
GL
ÍNDICE
1 / INSTRUCIÓNS DE SEGURIDADE
Advertencias importantes ____________________________________ 17
2 / INSTALACIÓN DO SEU LAVALOUZAS
Aparatos independentes ____________________________________ 18
Aparatos integrados ________________________________________ 18
Aparato encaixado baixo unha encimeira ______________________ 19
Posta a nivel mediante o axuste das las patas __________________ 19
Instalación de tapa de illamento acústico ________________________ 19
Conexión á auga ____________________________________________ 20
Evacuación de auga usada __________________________________ 21
Conexión eléctrica __________________________________________ 22
Importante :
Lea atentamente este manual de instalación co obxectivo de respecta-las
instrucións de instalación e montaxe do seu aparato.
Consello :
Este manual de instalación é válido para varios modelos. Pódense presentar
lixeiras diferenzas nos detalles e nos equipos entre o seu aparato e as descricións
ofrecidas.
17
EN
GL
1 / INSTRUCIÓNS DE SEGURIDADE
• ADVERTENCIAS IMPORTANTES
Importante :
Unha vez que desembale o aparato, comprobe se sufriu danos durante o transporte. Non
enchufe nunca un aparato danado. Se o seu aparato está deteriorado, póñase en contacto
co seu distribuidor.
Perigo :
En caso de que o seu aparato funcione mal, desenchúfeo (retire a toma) ou corte
o circuíto en cuestión e peche a chave de paso de auga. Póñase en contacto co noso servizo
pos-venda.
Importante :
Tódolos traballos eléctricos e hidráulicos necesarios para a instalación do aparato
debe realizalos un electricista ou un fontaneiro cualificados.
— Unha vez que instale o seu aparato, asegúrese de que este non se encontra situado en riba
do cable de alimentación ou sobre os tubos de paso e de baleirado da auga.
— Ó largo da instalación, o aparato débese manter desenchufado do sector.
— Comprobe que o circuíto de toma a terra da súa instalación eléctrica é conforme coa
normativa vixente.
— Os datos de conexión eléctrica indicados na placa de características do seu aparato e os do
sector débense corresponder.
Importante :
Pola súa propia seguridade, non deixe a porta do seu lavalouzas completamente aberta
despois de utilizalo.
En caso de que a instalación do seu lavalouzas se faga sobre un chan con moqueta, axuste
as patas para deixar un espazo de ventilación debaixo do aparato.
18
GL
2 / INSTALACIÓN DO SEU LAVALOUZAS
Fig. 04
Fig. 03
Pode usa-la parte superior do seu electrodo-
méstico coma encimeira.
Consello:
Non coloque o seu lavalouzas dema-
siado preto dunha fonte de calor. Do contra-
rio, podería dana-lo marco superior.
APARATOS INTEGRADOS
APARATOS INDEPENDENTES
Dimensións da instalación
Retirando a encimeira do electrodoméstico,
pode integra-lo aparato baixo a encimeira que
vostede teña na cociña, sempre que o espazo
coincida coas dimensións do debuxo.
(Fig. 01)
Integración do aparto debaixo
dunha encimeira
Se está integrando o seu aparato debaixo
dunha encimeira que xa teña na cociña:
— Retire a parte superior do electrodoméstico
desaparafusando os dous parafusos que
están no borde da tapa. (Fig. 02).
— Retire a tapa desenganchándoa da parte
traseira do aparato e empurrándoa uns
centímetros para desprazala. (Fig. 03).
— Levante a tapa superior do seu lavalouzas
para soltala.
(Fig. 03).
— Insira o lavalouzas no oco axeitado.
— Axuste a altura do pé, se é necesario
(por favor, consulte a sección: “Nivelar
axustando o pé”).
— Enganche o seu lavalouzas á encimeira da
cociña con dous parafusos debaixo da parte
dianteira da solapa plástica. (Fig 04).
Se a súa encimeira é de mármore ou dalgún
material similar, pode suxeita-lo seu
lavalouzas ó lateral con dous soportes
(dispoñible na post-venda ou na tenda).
Tamén pode incorpora-lo seu aparato nunha
unidade vertical (elevada con respecto ó
chan).
Fig. 02
Parafuso
820 - 830
820 min
110 mn
50
595
600
570 min
570
Fig. 01
19
GL
Fig. 06
2 / INSTALACIÓN DO SEU LAVALOUZAS
Perigo :
Se a súa superficie de traballo está equipada cunha encimeira situada en riba do seu
lava-louzas, é obrigatorio engadir un illamento térmico en riba do lavalouzas. Pode conse-
guir este conxunto de illamento no seu distribuidor. Reserve un espazo entre o tubo do gas
e a parte superior do seu lavalouzas.
• NIVELAR AXUSTANDO O PÉ
• INSTALACIÓN DA TAPA DE
ILLAMENTO ACÚSTICO
Asegúrese de que o seu lavalouzas estea
centrado, estable e no oco onde se debe
instalar. Os pés son axustables. Use un des-
aparafusador para axustalos, se é necesario,
de xeito que a porta se peche e sele
perfectamente (Fig.06).
Asegúrese de que a porta do lavalouzas
peche correctamente sen quedar
enganchado nos laterais.
Para mellora-lo illamento acústico do
aparato, coloque a tapa que se subministra
co lavalouzas (dependendo do modelo) :
- Incline lixeiramente o seu lavalouzas cara
atrás para engancha-la tapa de illamento
acústico á base do plinto e asegúrese
de que quede ben suxeita nos tres puntos
(os extremos e o centro).
- Axuste a altura da tapa cortando
manualmente unha ou máis tiras despois de
marca-lo extremo cunhas tesoiras.
A tapa debe estar en contacto co chan
(Fig. 07).
Fig. 07
APARATO ENCAIXADO BAIXO
UNHA ENCIMEIRA
Para unha mellor insonorización do aparato
encaixado, instale as xuntas de insonoriza-
ción (segundo modelo) ( Fig. 05)
Se o oco é máis grande, pegue a xunta
utilizando os adhesivos que se inclúen.
1
21
XUNTAS FÓNICAS
Fig. 05
20
GL
2 / INSTALACIÓN DO SEU LAVALOUZAS
• CONEXIÓN Á AUGA
Fig. 08
Perigo :
O símbolo indícalle que o tubo
está provisto dun dispositivo eléctrico que
permite corta-lo paso da auga (segundo
modelo). Non deixe este tubo na auga e non
o corte
Consello :
Calquera empalme a unha canaliza-
ción de auga leva obrigatoriamente un risco
de fuga a pesar de que se tomaran precau-
cións. Así mesmo, peche sempre a chave
de paso da auga cando non estea utilizando
o aparato.
Este lavalouzas pódese alimentar con auga
fría ou quente ata un máximo de 60 ºC. Para
unha alimentación con auga quente,
comprobe se o tubo orixinal permite a
conexión (marcado vermello sobre o tubo).
Non obstante, recomendámoslle unha
conexión a unha chave de paso de auga fría.
O seu aparato está equipado cun tubo de
alimentación dunha lonxitude de 1,50 m.
Empalme o tubo a unha chave de espiga
roscada, diámetro 20/27 (3/4” BSP).
Controle que a presión da auga de
alimentación non supere os valores
seguintes:
Caudal: 10 l/mn (1 l/mn mínimo)..
Presión: de 1 bar a 10 bar (0,1 – 1 MPa)
(Fig 08)
.
En caso dunha presión elevada, dispoña dun
regulador de presión. A súa compañía de
auga informaralle acerca da presión del auga
da súa rexión.
Atención :
Se utiliza unha chave autoperforante,
comprobe que o caudal de auga é suficiente.
Comprobe a presenza da xunta de
estanquidade e a correcta fixación do
empalme (Fig 08).
Para o empalme, non utilice tubos que se
utilizaran con anterioridade.
Evite calquera plisado e/ou estrangulamento
del tubo que poidan impedir ou retarda-lo
paso del auga, en particular no momento de
encaixar o aparato debaixo da superficie
(Fig 09).
Se o aparato está conectado a condutos
novos ou que non se utilizaran desde fai
algún tempo, deixe que corra a auga durante
algúns minutos antes de conecta-lo tubo de
paso da auga. Desta forma, evitará que os
depósitos de area ou de mofo obstrúan o
filtro situado no tubo de paso del auga.
00..11-- 11 MMPPaa
11--1100 bbaarr
1100LL//mmiinn
Fig. 09
21
GL
2 / INSTALACIÓN DO SEU LAVALOUZAS
• EVACUACIÓN DE AUGA USADA
Fig. 11
Fig. 12
Pode conecta-lo extremo do tubo de
evacuación de dúas formas :
- A un sifón ventilado (Fig. 10).
- A un sifón sumidoiro (Fig. 11).
- O borde do vertedoiro, utilizando o gancho
especial de plástico subministrado (dependendo
do modelo) (Fig. 12)..
Cando se realice a conexión a un sifón, debe
retira-lo obturador do sifón. A continuación,
mangue a boquilla de caucho a fondo. Engada
unha abrazadeira de presión (Fig. 11).
Consello :
Preste atención ó bo mantemento
do tubo de baleirado por medio dunha
abrazadeira co fin de evitar inundacións.
O empalme para a evacuación débese
encontrar a unha altura comprendida entre
0,40 m (mínimo) e 0,90 m (máximo) do chan
(Fig. 10).
Respecte as dimensións máximas de encaixe
do tubo de baleirado no tubo do sifón.
Se é necesario, pode aumenta-la lonxitude do
seu tubo de baleirado (3 m máximo). Nese caso,
comprobe se o baleirado é correcto. O tubo
débese encontrar no chan e non poñer en
vertical salvo preto do sistema de baleirado.
Para os aparatos instalados en columna,
o sistema de baleirado non debe supera-la parte
superior do lavalouzas e situarse a 20 cm
mínimo en relación coa parte inferior do
aparato.
Importante :
Durante a instalación do tubo, tire
progresivamente para non dobralo (Fig 9).
Evite calquera dobrez ou estrangulamento
do tubo que poida impedir ou retarda-lo paso
da auga.
15 cm
maxi
,
,
4
,
Fig. 10
22
GL
2 / INSTALACIÓN DO SEU LAVALOUZAS
O aparato debe estar parado no momento da
conexión ó circuíto eléctrico.
Antes de enchufa-lo seu aparato, asegúrese
de que :
- A tensión do sector indicada na placa de
características do seu aparato corresponde á
tensión do sector proporcionada pola súa ins-
talación.
- O seu contador e os fusibles poden soporta-
la intensidade do seu lavalouzas. Precísase un
fusible dun mínimo de 10 amperios.
Se ten que conecta-lo seu aparato a unha ten-
sión de alimentación diferente da indicada no
seu aparato, conecte un transformador apro-
piado.
Consello :
Acuda a un electricista cualificado
para face-las modificacións ou asegúrese de
que a súa instalación eléctrica é conforme.
Este aparato débese conectar de maneira
obrigatoria directamente a unha toma de cor-
rente que inclúa unha terminal de posta a
terra.
En calquera caso, a acometida debe cumpri-
las normas vixentes no país en cuestión, así
como as prescricións suplementarias da
Compañía de Electricidade.
Atención :
A toma de corrente debe permanecer
accesible incluso despois da instalación do
aparato.
O aparato non se debe conectar por medio
dun prolongador eléctrico, unha toma múlti-
ple ou un programador eléctrico diferido.
(Fig. 13)
Non nos facemos responsables en caso de
accidentes ou incidentes provocados por
unha toma a terra inexistente ou defectuosa.
O seu lavalouzas é conforme coas directivas
europeas 2006/95/CE (Directiva sobre baixa
tensión), 2004/108/CE (Directiva compatibili-
dade electromagnética).
Cambio do cable de alimentación
Perigo :
Pola súa seguridade, esta operación
debe
efectuala de forma obrigatoria o servizo pos-
venda do fabricante ou unha persoa habili-
tada e igualmente cualificada co fin de evitar
calquera tipo de perigo.
Aparato entregado sen toma de
corrente
Perigo :
Os fíos do cable de alimentación do
seu aparato son de cores, segundo los códi-
gos seguintes :
- Verde e amarelo Terra.
- Azul Neutro.
- Marrón Fase.
En caso de que as cores do cable non se cor-
respondan coa súa toma de corrente, pro-
ceda segundo se explica a continuación: o
cable de cor verde e amarelo debe estar
conectado ó enchufe da súa toma de cor-
rente marcada coa letra E, o símbolo ou
a cor verde e amarela.
O cable de cor azul debe estar conectado ó
enchufe marcado coa letra N ou coa cor
negra.
O cable de cor marrón debe estar conectado
ó enchufe marcado coa letra L ou coa cor
vermella.
Fig. 13
• CONEXIÓN ELÉCTRICA
  • Page 1 1
  • Page 2 2
  • Page 3 3
  • Page 4 4
  • Page 5 5
  • Page 6 6
  • Page 7 7

De Dietrich DVF1280WU Manual do proprietário

Tipo
Manual do proprietário