32
1 / INDICACIÓNS PARA O USUARIO
GL
Importante :
Garde este manual de uso xunto co seu lavalouza. En caso de vender ou ceder o seu
aparello a outra persoa, comprobe que leva tamén o manual de uso. Regámoslle que lea os
consellos recollidos no presente manual antes de instalar e utilizar o lavalouza. Estes foron
redactados para a súa seguridade e a dos demais.
•
RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE
•
Instalación
— Cando reciba o seu lavalouza, desempa-quéteo ou faga que o desempaqueten de inmediato.
Comprobe que o seu aparello non sufriu dano algún durante o transporte. Exprese calquera non
conformidade que poda ter por escrito no mesmo xustificante de transporte do que gardará unha
copia.
No conecte á corrente un aparello que poda ter sufrido danos. Se o seu lavalouza sufriu algún
dano, póñase en contacto con vendedor.
— Antes de conectar o lavalouza á corrente, consulte as instrucións que aparecen no seu manual
de instalación.
— Durante o proceso de instalación, o lavalouza debe estar desconectado da corrente.
— Os datos das conexións eléctricas que aparecen recollidos na placa indicativa do seu lavalouza
e os da rede eléctrica onde pretende utilizalo deben ser coincidentes.
— Unha vez que teña instalado o seu lavalouza, o enchufe debe ser accesible.
— Non modifique o tente modificar as características deste aparello, xa que o feito de facelo
podería representar un risco para vostede.
— Se precisara de modificacións a maiores para a súa instalación, deixe que os traballos
eléctricos e hidráulicos os realice un instalador eléctrico ou de fontanería cualificados.
- O seu lavalouza está destinado a un uso doméstico normal. Non o empregue para usos
comerciais ou industriais, ou para outras fins distintas daquela para a que foi deseñado.
- O seu lavalouza está destinado a un uso para aplicacións domésticas e outras semellantes, como:
• os espazos de cociña reservados ao persoal de tendas, despachos e outros ambientes
profesionais,
• as granxas,
• para o uso de clientes de hoteis, moteis e doutros ámbitos de carácter residencial,
• en ambientes do tipo hospedarías.
— As paredes do lavalouza non deben ser perforadas en ningún caso
•
Seguridade Infantil
— Este electrodoméstico debe ser utilizado unicamente por parte de adultos.
Teña coidado de que os nenos non o toquen nin o utilicen como se for un xoguete. Asegúrese que
non manipulan os mandos do aparello.
— Manteña os nenos pequenos lonxe do electrodoméstico cando se atope en funcionamento.
— Os deterxentes conteñen sustancias irritantes e abrasivas. Este produtos poden causar efectos
cáusticos en contacto cos ollos, a boca ou a gorxa. Tamén poden ser extremadamente perigosos
en caso de ser inxeridos. Evite o contacto coa pel e os ollos. Comprobe que o depósito está
baleiro cando finalice o ciclo de lavado.
— Garde os deterxentes fóra do alcance dos nenos e non o introduza no lavalouza ata o momento
de iniciar o programa de lavado.
— A auga do seu lavalouza non é *potable e por ese motivo os nenos non deben achegarse ao
mesmo cando a porta estiver aberta.
— Non deixe que os nenos xoguen ou senten na porta do lavalouza cando estiver aberta. Corre o
risco que se desequilibre o lavalouza.
— Despois de desempaquetar o seu electrodoméstico manteña as embalaxes fóra do alcance dos
nenos.
— Manteña as embalaxes fóra do alcance dos nenos, p. ex., as bolsas de plástico, polistireno, etc.)
xa que poden constituír un perigo para os nenos. Risco de asfixia.