Brandt IF-6000VS Manual do proprietário

Tipo
Manual do proprietário
04
Respecto do ambiente
_
______________________________________________
02
Advertencias de seguridade
_
__________________________________________
03
Descrición do aparello
_
_______________________________________________
05
1 / INSTALACIÓN DO APARELLO
Elección da situación
_
________________________________________________
06
Encaixe
_
__________________________________________________________
06
Conexión
_
_________________________________________________________
07
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
Descrición da superficie
_
______________________________________________
08
Recipientes para indución
_
____________________________________________
09
Descrición dos mandos
_
_____________________________________________
10
Posta en marcha/parada
Duración da cocción
Pasta
Selección das zonas de cocción
Contador de tempo independente”
Mantemento da calor
Temporizador
Axustes
Preselección de potencias
Seguridade infantil
Seguridade en funcionamento
_
________________________________________
15
3 / LIMPEZA HABITUAL DO APARELLO
Limpar o aparello
_
__________________________________________________
16
4 / MENSAXES PARTICULARES, INCIDENTES
Na posta en servizo
_
_________________________________________________
17
Na posta en marcha
_
________________________________________________
17
Durante o uso
_
______________________________________________________
17
Co fin de mellorar os nosos produtos, reservámonos o dereito de facer cambios nas súas
características técnicas, funcionais ou estéticas relacionadas coa súa evolución.
Importante
Antes de utilizar o aparello, lea atentamente este manual de instalación e uso
para familiarizarse rapidamente co seu funcionamento.
PROTECCIÓN DO AMBIENTE
- Os materiais de embalaxe deste aparello son reciclables. Recícleos e axude á pro-
tección do ambiente tirándoos nos contedores municipais previstos para este fin.
– O seu aparello tamén contén moitos materiais reciclables. Está marcado con este
logotipo que indica que os aparellos desbotados non se deben mesturar con outros
residuos. Actuando así, a reciclaxe dos aparellos que organiza o seu fabricante efec-
tuarase nas mellores condicións posibles, de acordo coa directiva europea
2002/96/CE sobre os residuos de equipos eléctricos e electrónicos. Póñase en
contacto co seu concello ou co seu vendedor para obter información sobre os puntos de
recollida de aparellos usados máis próximos ao seu domicilio.
- Grazas por colaborar na protección do ambiente.
ÍNDICE
2
GL
3
ADVERTENCIAS DE SEGURIDADE
Este aparello pode ser utilizado
por nenos de 8 anos e maiores, e por
persoas con discapacidades físicas
sensoriais ou mentais, ou persoas sen
experiencia e coñecementos sufi-
cientes, se se lles ensina a usar o apa-
rello de xeito seguro e comprenden os
riscos derivados da súa manipulación.
Os nenos non deben xogar co aparello.
A limpeza e o mantemento son tarefas
que non as deben realizar os nenos
sen a pertinente supervisión.
Calor residual
O aparello e as súas pezas accesi-
bles quéntanse durante o uso.
Débese ter coidado de non tocar os
elementos calefactores.
Para deter o funcionamento de un
ou varios focos, prema e manteña
pulsada a tecla de acendido
e apagado. Avísaselle ao
usuario da interrupción do funciona-
mento mediante un pitido e o cambio
de estado da pantalla.
Aparece “ durante este
período. Evite tocar esas zonas.
Seguridade infantil
Os nenos menores de 8 anos de-
ben permanecer afastados se non
van estar baixo supervisión dun
adulto en todo momento.
A placa incorpora unha función de
seguridade infantil que bloquea o
seu uso tanto en parada como du-
rante a cocción (véxase o capítulo:
uso da seguridade infantil). Non
esqueza desbloqueala antes de
volvela utilizar.
Para os usuarios de estimu-
ladores cardíacos e implantes ac-
tivos.
O funcionamento da placa cumpre
coa normativa vixente en materia
de interferencias electromagnéti-
cas e, polo tanto, responde per-
fectamente aos requisitos legais
(directiva 2004/108/CE).
Para que non se produzan interfe-
rencias entre a placa de cocción e
un estimulador cardíaco, este
último deberá deseñarse e
axustarse consonte a regulamen-
tación que lle corresponda.
A este respecto, unicamente
podemos garantirlle a conformi-
dade do noso propio produto.
Polo que respecta á conformidade
do estimulador cardíaco ou a posi-
bles incompatibilidades, pódese
dirixir ao fabricante deste ou ao
seu médico.
O aparello cumpre coas Directivas
Europeas 2006/95/CE (Directiva
de Baixa Tensión) e 2004/108/CE
(Compatibilidade Electromagné-
tica).
4
ADVERTENCIAS DE SEGURIDADE
Cociñar sen vixilancia nunha
placa de cocción con graxa ou
aceite pode ser perigoso e pode
provocar un incendio.
Non intente nunca apagar un in-
cendio con auga; no seu lugar
apague o aparello e cubra as la-
pas, por exemplo, cunha tapa ou
unha manta ignífuga.
Perigo de incendio: non deixe
obxectos no aparello de cocción.
Se a superficie presenta gretas,
apague o aparello para evitar o
risco de descarga eléctrica.
Os obxectos metálicos como coi-
telos, garfos, culleres e tapas non
se deben colocar na superficie, xa
que se poden quentar.
Se o cable de alimentación está
danado, debe ser substituído polo
fabricante, o servizo posvenda ou
persoal cualificado, co fin de evitar
un perigo.
Evite que os recipientes se gol-
peen contra ela:
a superficie de vidro vitrocerámico
é moi resistente, pero non irrompi-
ble.
Non coloque unha tapa quente en
plano sobre a placa de cocción.
Un efecto "ventosa" podería danar
a superficie vitrocerámica. Evite os
rozamentos dos recipientes que
co paso do tempo poden ocasio-
nar unha degradación dos de-
buxos da superficie vitrocerámica.
Evite colocar os recipientes no seu
marco ou embelecedor (segundo
o modelo).
Evite os recipientes de fondo
rugoso ou ondulado: poden conter
e transportar materiais que causen
manchas ou rabuñadas na placa.
Non garde produtos de limpeza ou
inflamables no armario de debaixo
da placa.
Non utilice un aparello de limpeza
a vapor para limpar a placa.
Non requente unha lata de conser-
vas pechada xa que podería estou-
par.
Esta precaución é, por suposto,
válida para todos os modos de
cocción.
Para cociñar, non empregue
nunca unha folla de papel de
aluminio. Non coloque nunca pro-
dutos envoltos en papel de alumi-
nio ou en bandexas de aluminio
sobre a placa. O aluminio derrete-
ríase e danaría definitivamente o
aparello de cocción.
Estes problemas que non impli-
can mal funcionamento ou impo-
sibilidade de uso, non están
cubertos pola garantía.
Perigo eléctrico
Asegúrese de que o cable de
alimentación dun dispositivo
eléctrico conectado preto da
placa non estea en contacto
coas zonas de cocción.
Se se abre unha greta na
superficie de vidro, desconecte
inmediatamente o aparello para
evitar o risco de descarga
eléctrica.
Para iso apague os fusibles ou
accione o disxuntor.
Non empregue a placa ata que
non cambie a superficie de vidro.
5
DESCRICIÓN DO APARELLO
Entrada de aire
Saída de aire
Vidro vitrocerámico
Cable de alimentación
A
B
C
D
As eventuais intervencións no aparello deberán correr por conta dun técnico profesional e auto-
rizado pola marca. Cando chame para solicitar asistencia, indique a referencia completa do apa-
rello (modelo, tipo e número de serie). Estes datos figuran na placa de sinalización
.
•INTERVENCIÓNS
GL SERVIZO POSVENDA
A
B
C
D
GL
6
1 / INSTALACIÓN DO APARELLO
ELECCIÓN DA SITUACIÓN
A distancia entre o bordo da placa e a parede
(ou tabique) lateral ou traseira debe ser de, polo
menos, 4 cm.
O aparello pode encaixarse sen ningún tipo de
restrición na parte superior dun armario, un
forno ou electrodoméstico encaixable.
Comprobe unicamente que as entradas e saídas
de aire non estean obstruídas (véxase o capítulo
"Descrición do aparello").
ENCAIXE
Siga o esquema anterior.
Pegue a xunta de espuma por debaixo do apa-
rello arredor do perímetro da superficie que
apoia sobre o mesado. Deste xeito, garantirase
unha boa estanquidade co mesado.
Suxestión
Se o forno se atopa debaixo da placa de cocción, a protección térmica da placa pode limi-
tar o seu uso simultáneo co forno en modo pirólise.
A placa está equipada cun sistema de seguridade contra o sobrequecemento.
Esta protección pódese activar, por exemplo, cando se instala encima dun forno que non
estea suficientemente illado. Amósanse pequenas liñas nas zonas de control. Neste caso,
recomendámoslle que aumente a ventilación da placa de cocción realizando unha abertura
no lado do armario (8 cm x 5 cm). Tamén, pode instalar o kit de illamento para forno dispo-
ñible no SPV (ref. 75X1652).
51
60
49
56
4
4
4
cámara de ventilación
4
Sobre un forno
Sobre un moble con porta ou caixón
4 (cámara de ventilación)
2 Mini
6
6
6
6
0.5
GL
7
1 / INSTALACIÓN DO APARELLO
Estas placas débense conectar á rede eléc-
trica mediante un dispositivo de corte omni-
polar que cumpra coas normas vixentes en
materia de instalacións.
Débese incorporar unha desconexión no sis-
tema de cables fixo.
O aparello debe estar colocado de maneira que
o enchufe sexa accesible. Ao conectar a placa
ou tras un corte prolongado da subministración
eléctrica, aparece no teclado de control unha
codificación luminosa. Agarde preto de 30
segundos a que desapareza esta información
para utilizar a placa (esta pantalla é normal e
está reservada, chegado o caso, ao servizo pos-
venda. O usuario da placa non a debe ter nunca
en conta).
CONEXIÓN
Neutro
Terra
Fase
N
L
Verde/Amarelo
Azul
Marrón -gris
Negro
Conexión de ~220-240 V
32A
Separe os dous cables de fase L1 e L2 antes
de efectuar a conexión.
Neutro
Terra
Fase
N
L1
L2
Azul
Verde/Amarelo
Negro
Cunha conexión de 400 V 2 N trifásica, en
caso de mal funcionamento da placa, asegú-
rese de que o cable neutro estea ben conec-
tado.
Conexión de 400 V 2N ~- 16 A
Neutro
Terra
Fase
N1
L1
L2
Azul
Verde/Amarelo
Negro
Conexión de 2x230 V 2L+2N ~- 16A
N2
Atención
Non facelo é prohibido.
Marrón
Gris
Gris
Marrón
00507
GL
8
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
DESCRICIÓN DA SUPERFICIE
IF-6000VS
50 W a 3600 W
50 W a 3600 W
GL
9
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
Suxestión
Para comprobar se o recipiente é
compatible debe:
Colocalo sobre unha zona de cocción con
potencia 4.
Se o indicador permanece fixo, o reci-
piente é compatible.
Se pestanexa, o recipiente non se pode
utilizar coa indución.
Tamén pode utilizar un imán.
Se se "pega" ao fondo do recipiente, é
compatible coa indución.
RECIPIENTES PARA INDUCIÓN
Principio de indución
O principio de indución baséase nun fenó-
meno magnético.
Cando se coloca un recipiente nunha zona de
cocción e esta se activa, os circuítos electró-
nicos da súa placa producen correntes "indu-
cidas" no fondo do recipiente e elevan instan-
taneamente a temperatura. Esta calor transfí-
rese entón aos alimentos que se manteñen a
lume lento ou se cociñan a lume vivo en fun-
ción dos axustes.
Recipientes
A maioría dos recipientes son compatibles
coa indución.
Unicamente o vidro, o barro, o aluminio sen
fondo especial, o cobre e algúns aceiros
inoxidables non magnéticos non son aptos
para as placas de indución.
Suxerímoslle que elixa recipientes con fondo
groso e plano. A calor distribuirase mellor e a
cocción será máis uniforme.
+
-
C
B
A
Indutor
Circuíto electrónico
Correntes inducidas
A
B
C
GL
10
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
*
B C
CD E
F
Tecla de acendido/apagado da placa.
Teclas de detección de recipiente
Teclas de desprazamento de funcións
A
B
C
Teclas de confirmación de funcións
Teclas de preselección de potencia
Teclas de bloqueo
Teclas de selección, parada e validación
do foco
D
E
F
DESCRICIÓN DOS MANDOS
DESCRICIÓN DAS FUNCIÓNS
1
2
3
4
5
6
A
7
Función de reloxo
Función Pasta
Función de selección da zona de
cocción
1
2
3
Función de alerta independente
Función de mantemento da calor
Función de temporizador
Función de axustes
4
5
6
7
G
G
G
*Esta páxina pódese separar ao final do folleto
GL
11
4 zonas
para recipientes
de 12 a 24 cm de
fondo
Prema as frechas C para seleccionar a configuración desexada.
Confirme en OK (D)
ou
POSTA EN MARCHA
Prema a tecla de acendido/apagado (A) da placa.
Prema OK (D) 2 veces.
Ilumínase a pantalla e ofrece 4 modos de uso diferentes.
Elixa a configuración e confirme (D).
Prema as frechas C para seleccionar a configuración desexada. Confirme
en OK (D).
Coloque o recipiente na placa e prema a tecla B para detectar a súa situa-
ción. Aparece unha cifra vermella na zona elixida.
A continuación, axuste a potencia desexada premendo as frechas (C) e
confirme.
Se non axusta a potencia, a zona de cocción apágase automaticamente
despois duns segundos.
APAGADO DO FOCO
Manteña pulsada a tecla de apagado (G) da zona utilizada.
APAGADO DA PLACA
Manteña pulsada a tecla de acendido/apagado (A) da placa: paso a
repouso da pantalla. Premer a tecla de acendido/apagado (A) permite
apagar todos os focos sen que a pantalla pase a modo de repouso.
DURACIÓN DA COCCIÓN (función 1)
Cada zona de cocción ten un contador de tempo específico. Pódese acti-
var cando se está utilizando a zona en cuestión.
Prema OK (D).
Prema as frechas ata a función 1, confirme e axuste o tempo desexado
premendo as frechas, confirme novamente en D (ou a confirmación pro-
ducirase automaticamente despois duns segundos).
clignotant
1 zona vertical + 2 zonas
á esquerda: fonte de peixe,
grella ou recipientes de 12 a
24 cm de fondo
2 zonas verticais
á esquerda e dereita:
fontes de peixe,
grellas ou recipientes de
12 a 24 cm de fondo
Zona de grella
1 ou 2 grellas
verticalmente
c
li
gno
t
emen
t
NA PRIMEIRA CONEXIÓN
NOTA: sempre pode intervir nos axustes cando as indicacións da pantalla aparezan en ver-
mello. Cando a pantalla de axuste sexa de cor branco, xa se confirmaron os axustes.
Se ten 2 ou máis recipientes na placa, os axustes faranse sempre no indicador vermello. Pode
utilizar as teclas G que seleccionan o foco no que pode intervir para realizar axustes (potencia,
contador de tempo, etc.).
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
GL
12
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
PASTA (función 2)
Esta función permite ferver e manter en ebulición auga para cocer
pasta, por exemplo.
Prema a tecla B para detectar o recipiente. Prema OK para entrar no
menú de elección de funcións.
Prema as frechas ata a función 2 e confirme (D).
Prema as frechas para indicar a cantidade de auga (de 0,5 a 6 litros).
Por defecto aparecen 2 litros. Confirme.
Iníciase a cocción. Escoitarase un pitido cando a auga estea fervendo.
Bote a pasta e valide G.
Pode regular a potencia e o tempo de cocción propostos.
Escoitarase un sinal sonoro ao final da cocción.
NOTA: é importante que a temperatura da auga non estea nin dema-
siado quente nin demasiado fría ao comezo da cocción para non falsear
o resultado final.
Non utilice recipientes de ferro. Esta función só se pode usar nu
n foco
á vez. Tamén pode utilizar esta función para cociñar calquera alimento
que requira cocción en auga fervendo.
Suxestión
Cando utilice varios recipientes á vez na placa, elixa as zonas de cocción situadas en
lados diferentes. No mesmo lado, o uso do booster dunha zona provoca unha limitación
automática da potencia da outra zona visible no indicador.
SELECCIÓN DAS ZONAS DE COCCIÓN (función 3)
Esta función permítelle seleccionar unha das catro configuracións dis-
poñibles (véxase o capítulo "Posta en marcha").
Adición doutro recipiente:
Coloque o recipiente na zona desexada e prema a tecla B para detec-
tar a súa situación. Aparece unha cifra vermella na zona elixida. A conti-
nuación, regule a potencia desexada coas frechas e valide. Se non
selecciona ningunha potencia, a zona de cocción apagarase automati-
camente despois duns segundos.
Desprazamento dun recipiente durante a cocción:
Pode desprazar un recipiente dunha zona a outra durante a cocción; a
placa detectará automaticamente o cambio así como os axustes elixi-
dos (se pestanexa unha cifra, é necesario
validala premendo a tecla G correspondente).
NOTA: para detectar automaticamente o desprazamento dun reci-
piente, haino que levantar ao cambialo á outra zona de cocción.
ZONA GRELLA: este modo deseñouse especialmente para permitirlle
facer peixe, carne ou verduras á grella en 1 ou 2 grellas colocadas ver-
ticalmente. A potencia desta función limítase a 12. Unha vez determi-
nada, será a mesma nas dúas zonas.
Só está activa a función "Contador de tempo independente" nesta fun-
ción.
Nota: non se debe colocar a grella no centro da placa.
GL
13
TEMPORIZADOR (función 6)
Esta función permite mostrar o tempo transcorrido desde o último cam-
bio de potencia no lume elixido.
Para utilizar esta función, prema OK e, a continuación, prema as frechas
ata a función 6. O tempo transcorrido fíxase no indicador do foco selec-
cionado.
Se desexa que a cocción termine nun tempo determinado, prema as fre-
chas ata a función 6, no prazo de 5 segundos, prema as frechas para
aumentar o tempo total de cocción que desexe. A visualización do
tempo é de cor vermello durante 3 segundos e logo vólvese branca.
Esta función está dispoñible con ou sen a función de contador de
tempo.
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
MANTEMENTO DA CALOR (función 5)
Esta función permítelle manter a calor na potencia 2.
Por razóns de seguridade, a placa apagarase automaticamente des-
pois de 2 horas.
Para utilizar esta función, prema a tecla B e as frechas ata que apareza
a función 5. Para parar, prema a tecla “Acendido/apagado”.
CONTADOR DE TEMPO INDEPENDENTE (función 4)
Esta función permítelle axustar unha conta atrás en calquera momento,
incluso aínda que a placa non estea en funcionamento.
Para acceder a esta función, prema OK e, a continuación, prema as fre-
chas ata a función 4.
- Confirme (D).
- Axuste o tempo desexado coas frechas (indicador vermello).
- Confirme (D).
- O indicador vólvese branco e comeza a conta atrás.
Ao final do tempo desexado, escóitanse sinais sonoros, 0.00 pestanexa
e apágase o foco automaticamente.
NOTA: tamén é posible acceder a esta función desde a pantalla de elec-
ción do modo de cocción.
AXUSTES (función 7)
Luminosidade
Esta función permítelle cambiar o brillo do indicador da pantalla.
- A zona de cocción debe estar apagada.
- Confirme (D).
- Seleccione premendo as frechas ata a función 7.
- Confirme (D).
- Seleccione a luminosidade .
- Confirme (D).
- Cambie a intensidade desexada premendo as
frechas.
- Confirme (D).
GL
14
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
Preselección de potencias:
Esta función permítelle modificar os niveis de potencia definidos nas
preseleccións (agás o boost).
- A zona de cocción debe estar apagada.
- Confirme (D).
- Seleccione premendo as frechas ata a función 7.
- Confirme (D).
- Seleccione a preselección de potencias e coas frechas (C).
- Confirme (D).
- Cambie as novas potencias premendo as frechas.
- Confirme (D).
Nota:
As potencias deben estar entre:
- 1 e 7 para a primeira tecla.
- 8 e 12 para a segunda.
Modo demostración
(reservado ao servizo de asistencia técnica):
Se entra neste modo, a placa volverá á última pantalla de cocción utili-
zada despois duns segundos. Se por erro introduce un código, prema
4 veces a tecla D para volver á pantalla de inicio.
GL
15
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
SEGURIDADE EN FUNCIONA-
MENTO
•Calor residual
Tras unha utilización prolongada, pode que a
zona de cocción que acaba de utilizar estea
aínda quente durante uns minutos.
Móstrase durante este período.
Evite tocar esas zonas.
•Limitador de temperatura
Cada zona de cocción está equipada cun
dispositivo de seguridade que vixía perma-
nentemente a temperatura do fondo do reci-
piente. Se se lle esquece un recipiente ba-
leiro nunha zona de cocción acendida, este
dispositivo axusta automaticamente a poten-
cia subministrada pola placa e evita así cal-
quera risco de dano da ferramenta ou a
placa.
•Seguridade "pequenos obxectos"
Un obxecto pequeno (por exemplo, un garfo,
unha culler ou un anel) sobre a placa non se
detecta como un recipiente.
O indicador pestanexa e non se subministra
potencia.
Atención
Recoméndase non depositar obxectos
metálicos como coitelos, garfos, culleres
e tapas sobre a placa, xa que se poden
quentar.
USO DA “SEGURIDADE INFANTIL”
A placa de cocción incorpora
unha función de seguridade
infantil que bloquea a placa (por
exemplo, para a limpeza).
Por motivos de seguridade, só
as teclas de "parada" están sempre activas e
permiten o corte dunha zona de quentamento
aínda que estea bloqueada.
Como bloquear?
Manteña premida a tecla de bloqueo F ata que
apareza un cadeado no centro do indicador e un
pitido confirme a súa acción.
Placa bloqueada en funcionamento
O indicador das zonas de cocción en funciona-
mento mostra continuamente o símbolo de blo-
queo F no centro da pantalla.
Cando prema as teclas de potencia ou o conta-
dor de tempo das zonas en funcionamento, o
cadeado pestanexa e logo queda fixo uns
segundos.
Só a tecla de "parada" está sempre activa.
A placa está bloqueada en parada
O candeado aparece no centro da pantalla des-
pois de premer a tecla Acendido/apagado (A).
É posible acceder á función F.
Como desbloquear?
Prema a tecla F ata que desapareza o cadeado
(só nunha placa en funcionamento). Un pitido
dobre confirma a acción.
•Clean lock
Esa función permite bloquear temporalmente
a placa mentres se limpa.
Para activar Clean lock:
- Prema brevemente a tecla F. Emítese un
pitido e o cadeado pestanexa en vermello.
- Despois dun tempo predeterminado, o
cadeado cancelarase automaticamente.
Emítese un pitido dobre e apágase o
cadeado.
Suxestión
Non se esqueza de desbloquear a
placa antes de volver utilizala (véxase o
capítulo "Uso da seguridade infantil").
GL
16
3 / LIMPEZA HABITUAL DO APARELLO
LIMPAR O APARELLO
TIPOS DE SUCIDADE
Lixeira.
Acumulación de suci-
dade recocida.
Desbordamentos de
doce, plástico derretido.
Auréolas e restos de cal
Coloracións metálicas
brillantes.
Limpeza semanal.
COMO proceder?
Remolle a zona que vai limpar con auga
temperada e límpea.
Remolle a zona que vai limpar con auga
temperada, utilice unha rascadeira
especial para vidro para desbastar, acabe
coa parte áspera dun estropallo e límpea.
Aplique vinagre branco quente sobre a
sucidade, déixeo repousar e límpeo cun
pano suave.
Aplique sobre a superficie un produto
especial para vidro vitrocerámico, preferi-
blemente con silicona (efecto protector).
UTILICE
Estropallo.
Estropallo.
Rascadeira especial
para vidro.
Vinagre branco.
Produto especial
para vidro vitrocerá-
mico.
deterxente líquido
estropallo especial para
vaixela delicada
estropallo abrasivo
deterxente en po
•Protección en caso de desbordamento
A parada da placa nun dos tres casos seguintes:
- Desbordamento que recobre as teclas de mando.
- Trapo mollado colocado sobre as teclas.
- Obxecto metálico colocado sobre as teclas de mando.
Limpe ou retire o obxecto e volva poñer en marcha a cocción.
•Sistema “Auto-Stop"
Se se esquece de apagar un preparado, a placa de cocción está equipada cunha función de
seguridade, o “sistema Auto-Stop”, que apaga automaticamente a zona de cocción esquecida
despois dun tempo predefinido (entre 1 e 10 horas segundo a potencia utilizada).
En caso de activación desta función de seguridade, o corte da zona de cocción amósase
mediante o indicador "Auto-Stop" ou "Auto" no cadro de mandos e emítese un pitido durante
uns 2 minutos. Basta con premer calquera tecla para deter os mandos.
Un pitido dobre confirmará a acción.
GL
17
4 / MENSAXES PARTICULARES, INCIDENTES
A placa non funciona e os indica-
dores luminosos do teclado per-
manecen apagados.
A placa non funciona e aparece
outra mensaxe.
A placa non funciona e móstrase
a información
.
O aparello non recibe alimenta-
ción. A alimentación ou a
conexión son defectuosas.
O circuíto electrónico funciona
mal.
A placa está bloqueada.
Comprobe os fusibles e
o disxuntor eléctrico.
Chame ao Servizo pos-
venda.
Véxase o capítulo de
uso da seguridade infan-
til.
A placa deixou de funcionar,
emite un pitido cada 10 segun-
dos e amósase ou F7.
Móstrase unha serie de peque-
nas ou F7.
Despois de pór en funciona-
mento unha zona de quenta-
mento, as luces do teclado
seguen pestanexando.
Os recipientes fan ruído
durante a cocción.
A placa emite estalos durante a
cocción.
A ventilación continúa durante
uns minutos despois de parar a
placa.
Produciuse un desbordamento
ou un obxecto obstrúe o panel
de mandos.
Quentáronse os circuítos elec-
trónicos.
O recipiente utilizado non é
axeitado para a indución ou ten
un diámetro inferior a 12 cm.
Normal con certos tipos de
recipientes. Isto débese ao
paso da enerxía da placa cara
ao recipiente.
Arrefriamento dos compo-
ñentes electrónicos.
Funcionamento normal.
Limpe ou retire o
obxecto e volva poñer
en marcha a cocción.
Véxase o capítulo de
conexión.
Véxase o capítulo de
recipientes para indu-
ción.
Nada. Non existe nin-
gún risco para a placa
de cocción nin para o
recipiente.
Nada.
•Durante o uso
•Na posta en marcha
CONSTATA QUE: CAUSAS POSIBLES: QUE DEBE FACER:
CONSTATA QUE: CAUSAS POSIBLES: QUE DEBE FACER:
•Na posta en servizo
CZ5702306_00 09/13
CONSTATA QUE: CAUSAS POSIBLES: QUE DEBE FACER:
Aparece un indicador luminoso.
A instalación párase.
Só funciona un lado.
A placa desprende olor durante
as primeiras coccións.
Funcionamento normal.
A conexión da súa placa é
defectuosa.
Aparello novo.
Nada, o indicador apágase
despois de 30 segundos.
Comprobar o cumprimento.
Véxase o capítulo de conexión.
Quentar un recipiente cheo
de auga en cada zona
durante media hora.
Modo DEMOSTRACIÓN
Premer as
frechas (C) e
confirmar con
OK (D).
18
2 / UTILIZACIÓN DO APARELLO
B C
CD E
F
Tecla de acendido/apagado da placa.
Teclas de detección de recipiente
Teclas de desprazamento de funcións
A
B
C
Teclas de confirmación de funcións
Teclas de preselección de potencia
Teclas de bloqueo
Teclas de selección, parada e
validación do foco
D
E
F
DESCRICIÓN DOS MANDOS
DESCRICIÓN DAS FUNCIÓNS
1
2
3
4
5
6
A
7
Función de reloxo
Función Pasta
Función de selección da zona de
cocción
1
2
3
Función de alerta independente
Función de mantemento da calor
Función de temporizador
Función de axustes
4
5
6
7
G
G
G
  • Page 1 1
  • Page 2 2
  • Page 3 3
  • Page 4 4
  • Page 5 5
  • Page 6 6
  • Page 7 7
  • Page 8 8
  • Page 9 9
  • Page 10 10
  • Page 11 11
  • Page 12 12
  • Page 13 13
  • Page 14 14
  • Page 15 15
  • Page 16 16
  • Page 17 17
  • Page 18 18

Brandt IF-6000VS Manual do proprietário

Tipo
Manual do proprietário

em outras línguas